Saturday 27 de April de 2024

A vila de Laxe acollerá este xoves unha das catro foodtruck da campaña ‘Galicia saber amar’ da Xunta


• O vehículo estará situado na praza do Concello de 12 a 15 horas e de 18 a 21 horas.

• A campaña pretende animar á cidadanía a que consuma produtos do mar para impulsar a súa venda, ademais de poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e marisqueo.

A vila de Laxe acollerá unha das catro foodtruck da iniciativa ‘Galicia sabe Amar’ da Xunta de Galicia cuxo obxectivo é animar á cidadanía a consumir produtos do mar para impulsar a súa venda ao tempo que se pon en valor o labor dos profesionais tanto da pesca como do marisqueo.

Este ano, a campaña leva o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios de toda España vinculados ao Camiño de Santiago e o de Laxe foi un dos elixidos para levar a cabo unha degustación gastronómica.

En concreto, o público poderá achegar ata Laxe este xoves, 31 de agosto, para probar ata 10 petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

A foodtruck estará na praza do Concello en horario de 12 a 15 horas e de 18 a 21 horas.